Quén somos?

Compartir

Image
CIM

 

QUEN SOMOS:
Somos un servizo de carácter permanente composto por unha psicóloga e directora e unha avogada destinado a proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade entre a muller e o home. Así mesmo, proporciona ás mulleres información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades aos grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.

 

OBXETIVOS:

  • Obxectivo prioritario é a  consecución da igualdade entre a muller e o home.
  • Dar unha resposta ás distintas demandas das mulleres a nivel formativo, informativo, lúdico e cultural.
  • Fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres na sociedade civil.
  • Promover o benestar individual e social das mulleres da Comarca de Trives.
  • Atención específica  á mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo a súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais,etc.

 

SERVIZOS QUE OFRECE O CIM:

  • Información e asesoramento xurídico (divorcios, impagos de pensións, situacións de malos tratos, agresións sexuais, solicitude de xustiza gratuita…..).
  • Atención psicolóxica (orientación psicolóxica, intervención individual,  realización de prácticas de grupos e talleres de autoestima, h.s, etc).
  • Realización de conferencias, seminarios, obradoiros, cursos, etc.
  • Servizo de biblioteca da muller. Préstamo de libros, revistas, etc.

PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN:

  • Anonimato na entidade das usuarias salvo decisión en contrarios de vos mesmas.
  • Confidencialidade e privacidade das comunicación  salvo decisión contraria de vos mesmas.
  • Gratuidade dos servizos.
  • Respeto na búsqueda de posibles solución.

Contacto :
Teléfono: 988.33.00.12
Correo electrónico: cimtrives@gmail.es 

 

Image
cim_union_europea
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020 
Image
cim_xunta_galicia
Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social
O FSE inviste no teu futuro