Gastronomía

Compartir

BICA
Constitúe un dos sinais de identidade da Pobra de Trives ata alcanzar  un renome que traspasou fronteiras. Moitos defínena coma un biscoito coidadosamente elaborado, máis doce, esponxoso, suave e riquísimo. A bica é unha especialidade sorprendente e deliciosa.

PRODUTOS DA MATANZA
Na gastronomía trivesa destacan pola súa calidade os produtos derivados da matanza do porco. Entre a gran variedade de  produtos da matanza  destacan: os chourizos, xamóns, androllas, cachuchas, filloas que se elaboran co sangue do porco, torta de chicharróns…

CABRITO ASADO
Outro produto destas terras que cómpre destacar é: o cabrito asado. Un gran manxar e outra das grandes excelencias da nosa cociña. Non podemos esquecernos das carnes de vacún, ás que os pastos da alta montaña  lle dan un gran sabor.

A CASTAÑA
Este é un froito moi apreciado no concello e na comarca enteira. Ademais de vender a produción da castaña, esta tamén se pode preparar de moitos xeitos. A castaña é a protagonista dos tradicionais magostos que se celebran no mes de novembro.

VIÑOS
Entre as variedades de viño que se cultivan nas Terras de Trives predominan dúas: unha de branco e outra de tinto.
Branco: godello
Tinto: mencía
A maior parte dos viñedos do municipio están na Ribera de San Fiz e nos socalcos do Bibei.
BODEGAS
Adegas Pío Domínguez
Castrelo, S/N, 32789
A Pobra de Trives
988 33 01 62

LICORES CASEIROS
No concello de A Pobra de Trives non só existe unha grande variedade de viño, senón que tamén é preciso mencionar a augardente e os licores da zona. Son ben coñecidos o licor café caseiro e a augardente de herbas tipo chastreuse. Estes licores nunca faltan nas nosas sobremesas.