Barranquismo

Compartir

 

Este deporte en Galicia ten tradición dende hai trinta anos. O barranquismo aínda segue sendo bastante descoñecido entre os distintos deportes de montaña, a pesar de que moitos expertos recomendan como imprescindibles estes barrancos para soltar adrenalina e sentir emocións novas.

Nós contamos co noso barranco do río Navea ao seu paso pola Pobra de Trives: saltos a pozas, tobogáns e rápeos nun tramo cun desnivel de 180 metros, que remata nunha pequena cova de pedra. O que proba repite, debido ao que engancha un barranco como este, pola súa verticalidade e frondosidade na paisaxe.

Cada deportista debe achegar a súa propia corda e o seu arnés, e levar tamén traxe de neopreno e casco. Por diante, unha hora de descenso por un barranco moi vertical con rápeos que ofrecen unhas vistas únicas.

 

Image
foto1
Image
foto2
Image
foto3
Image
foto4
Image
foto5
Image
foto6
Image
foto7
Image
foto8