
A Oficina de Información ao Consumidor (OMIC) da Pobra de Trives é un servizo público para atender, asesorar e informar os/as consumidores/as e usuarios/as dos seus dereitos en materia de consumo.
Segundo o artigo 51 da Constitución os poderes públicos deben garantir a defensa dos e das consumidores e usuarios e protexer mediante procedementos eficaces a seguridade, a saúde e os lexítimos intereses económicos destes/as. A regulación básica dos dereitos do consumidor están recollidos no Estatuto Galego do Consumidor e do Usuario.
Correo electrónico: paula.contreras.pobradetrives@eidolocal.es