Oficina Municipal de Información Xuvenil

Compartir

OMIX

 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) é o departamento do Concello que presta servizos de atención á xuventude da Pobra de Trives. Ten como funcións pór en marcha os programas deseñados pola Concellería de Xuventude e realiza a labor de interlocución entre a administración local e os mozos e mozas de Trives.

 

Entre as súas funcións están informar acerca dos programas, actividades, cursos e convocatorias da Dirección Xeral de Xuventude, de convocatorias como "Iniciativa Xove" e outras actividades covocadas polas administracións públicas.

 

A OMIX é o órgano administrativo encargado de tramitar a participación en programas de campamentos para rapaces, intercambios, estadías noutros países, campos de traballo, roteiros, etc.

 

Para beneficiarse dos plans programados para a mocidade e as bonificacións establecidas, a Xunta de Galicia creou o Carné Xove, unha tarxeta persoal e intransferible que acredita á mocidade de 12 a 30 anos