Unha mañá en pleno contacto coa natureza, percorrendo fermosos sendeiros e recunchos do noso territorio, marcará a xornada das Letras Galegas no Concello da Pobra de Trives.
Desde a oficina de turismo organízase unha Ruta de Sendeirismo Familiar para o venres 17 de maio.
Con dificultade baixa, a camiñada terá a súa saída ás 11:30h. diante da Oficina de Turismo (no Edificio Santa Leonor).