Na Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives "Marzo está de celebración!!"

Compartir

Na Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives "Marzo está de celebración!!"

Na mañá do 29 de marzo do 2019, venres, a Biblioteca Pública do Concello da Pobra de Trives organiza, coa colaboración da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, unha mestura de natureza, poesía e teatro, baixo o nome “Marzo está de celebración!!”.
Ás 11 da mañá darán comezo as actividades programadas desde a Biblioteca Municipal, cunha ruta de sendeirismo, onde ademais os participantes contarán cun obradoiro de poesía e pintura, e lectura de fragmentos de teatro. Un estupendo xeito de englobar o Día da Poesía, do Teatro e da Auga nunha completa xornada para a mañá do venres.
O comezo das actividades será na Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives, o venres 29, ás 11 da mañá.