Cea de Comadres 2019

Compartir

Cea de Comadres 2019

Este ano xa é a V edición da Cea de Comadres organizada desde o Concello da Pobra de Trives, unha cea na que o disfraz é o protagonista da noite e o obxectivo fundamental é pasar unha noite de diversión e festa no entroido trivés intentando reunir cada ano un maior número de asistentes.
Como novidade nesta quinta edición, os homes tamén poderán asistir á cea, sempre que o fagan vestidos de muller.
Un festexo con moi boa acollida nunha noite de música, festa e disfraces, que se celebrará o xoves día 28 de febrero ás 21:30h. no Bar Troula e para o que xa se pode recoller o ticket de entrada na Oficina de Turismo, no Ximnasio Trivesport ou no Bar Troula. Estarán a venda ata o vindeiro martes 26 de febreiro por un prezo de 15€.


Que vivan as Comadres e que viva o entroido de Trives!!!