Ao igual que en edicións anteriores, Trives non falta á cita con Xantar, o Salón Internacional do Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense e xa vai pola súa 20ª edición. O Concello de Pobra de Trives acude cun stand do 6 ao 10 de febreiro para promocionar a BICA e o resto de produtos turísticos do municipio, tales como VIÑO, EMBUTIDOS, MEL, …; nunha das mellores plataformas que existen agora mesmo en Galicia.
O Concello co apoio dos nosos produtores consideramos especialmente importante a participación en foros deste tipo, xa que a gastronomía é a segunda motivación dos turistas para visitar Galicia, polo que apostamos por esta cita para promocionar a nosa oferta enogastronómica e tamén turística (rutas de sendeirismo, paseos polos viñedos, lagares rupestres, cañóns do Bibei, a pegada dos romanos, paisaxes protexidas, tradicións, a estación de montaña, coñecer as nosas adegas, restaurantes,... e moito máis).
Estaremos presentes en Xantar con un stand coma o ano pasado, gracias á colaboración dos produtores da vila, tentando dar a coñecer A Pobra de Trives do maior e mellor xeito posible.
Ademais o sábado día 9 temos Día Dedicado ao Concello de Trives e ás 13:30h a Degustación dos seus produtos no stand.
Agarrándonos a cifras da última edición falamos de formar parte dos máis 273 expositores coa representación de 12 países, ou de dar a coñecer Trives a 24.000 visitantes que recibiu a feira ou de contar con 5.000.000 de seguidores a través dos Medios de Comunicación que recibiu a feira, situada nas instalacións de Expourense.
Animámosvos a que veñades a visitar o noso stand e coñecer un pouco máis da enogastronomía e turismo da Pobra de Trives, onde xantar e durmir, e que rutas de sendeirismo e actividades se poden facer ou que sitios visitar neste Concello.