A Cabalgata de Reis chegará a tarde do sábado 5 de xaneiro a Trives

Compartir

A Cabalgata de Reis chegará a tarde do sábado 5 de xaneiro a Trives

A Pobra de Trives recibirá o vindeiro sábado, 5 de xaneiro, a partires das 17 horas, ás súas Maxestades rOs Reis Magos de Oriente: Melchor, Gaspar y Baltasa.
A Cabalgata das súas Maxestades chegará á Praza do Concello ao redor das 5 da tarde onde serán recibidos polo Alcalde e saudarán desde o balcón da casa consistorial aos veciños e veciñas que ata alí se acheguen e dirixirán unhas palabras a nenos e nenas que se reúnan na praza.
Desde alí, a cabalgata percorrerá as rúas de Trives ata chegar ao Auditorio Julio Vázquez, onde Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos que persoalmente queiran falar con eles e pedirlle os últimos regalos.

SEGURIDADE
Un ano máis, efectivos da Policía Local xunto co Voluntariado de Protección Civil será o dispositivo desplegado e orientado a preservar o disfrute dos máis pequenos, que desexen ver de cerca ás súas Maxestades de Oriente.