O Belén do Elías, unha tradición no noso Nadal

Compartir

O Belén do Elías, unha tradición no noso Nadal

Desde o 23 de decembro podemos visitar "O Belén do Elías" no CEIP Manuel Bermúdez Couso ata o 8 de xaneiro do ano que entra. Unha tradición ano tras ano polo Nadal, ir a visitar este belén cheo de encanto e no que algunhas prazas e varios dos edificios máis representativos da vila están representados.
O horario no que está aberto ao público é de 12h. a 13:15h. e de 16h. a 18:30h.
Un Belén en movemento no que transcorre un día desde o amencer ata ben caída a noite cos edificio iluminados. Pezas todas elas feitas a man fai máis de dez anos por un Elías, un veciño trivés.
Non deixes de visitar este belén no que duran te aproximadamente durante 15 minutos gozarás de momentos máxicos nos que ves como cada personaxe se vai movendo e coa chegada da noite pouco a pouco os edificios vanse iluminando.