Na noite do 23 de decembro chega o Lanzamento dos Faroliños Voadores Solidarios

Compartir

Na noite do 23 de decembro chega o Lanzamento dos Faroliños Voadores Solidarios

O lanzamento dos Faroliños Voadores Solidarios xa é un dos momentos esperados de cada nadal aquí no noso Nadal trivés, xa facendo unha fermosa tradición onde as familias de reúnen na Finca da Barreira, na tarde - noite do 23 de decembro. Ás 8 da tarde, e xa co ceo escurecido, os faroliños comezarán a voar para enchelo de luces cargadas de desexos.
A xente poderá obter o seu faroliño por un quilo de comida non perecedoira ou 1 euro. A comida recadada será entregada á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives, colaborando coa campaña de recollida de alimentos “Por un Nadal Feliz para todos”.
O domingo 23 de decembro ás 8 da tarde, na Finca da Barreira entregaranse os faroliños e haberá uns caixóns á disposición dos asistentes onde depositar a comida non perecedoira. Desde a organización lembrámoslles aos asistentes que deben levar un chisqueiro para prender o faroliño e, tras pedir os mellores desexos, deixar que voe ben alto iluminando o ceo de Trives e cumprindo todas as peticións. Como cada 23 de decembro, comezamos o Nadal coa maxia duns faroliños que voarán cargados de bos desexos!