Obradoiro de Nadal na Biblioteca Municipal da Pobra de Trives

Compartir

Obradoiro de Nadal na Biblioteca Municipal da Pobra de Trives

Desde a Biblioteca Municipal da Pobra de Trives dan comezo ao Nadal cunhas divertidas manualidades para os máis cativos, que consistirán en crear e decorar con motivos relacionados con estas datas.
O obradoiro de nadal é mañá martes, 18 de decembro, ás cinco da tarde na Biblioteca Municipal.
Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de 4 e 12 anos. Ata os 6 anos deberán estar acompañados dunha persoa adulta.