Certame de Nadal da Escola Municipal de Música da Pobra de Trives

Compartir

Certame de Nadal da Escola Municipal de Música da Pobra de Trives

O vindeiro venres, día 21 de decembro, o Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives acolle o tradicional Certame de Nadal da Escola Municipal de Música.

O certame dará comezo ás 19:30 h. abrindo o acto os alumnos de guitarra, logo será a quenda dos alumnos de piano, que actuarán en dous bloques, e no medio destes a Rondalla Esmorga, rondalla da escola de música, interpretará dous temas.

Todos xuntos acompañados polos seus mestres, interpretarán unha panxoliña para poñer peche ao evento desexándonos unhas boas festas.