Somos terra de Nadal. Nos vindeiros días daremos boa conta de xantares, bebidas e lambonadas, pois sempre fomos xente de bo comer e de boa compañía.
Se aproveitamos para consumir produtos locais, estaremos a animar á economía máis próxima e axudando á viabilidade das nosas explotacións agroalimentarias. Estaremos xerando riqueza de país.
Se ademais mercamos produtos etiquetados en galego, estamos a ser solidarios con aquelas persoas que foron quen de xuntar calidade con autoestima, na defensa e promoción dese patrimonio que herdamos: a nosa lingua, a nosa fala.
Ademais lembra que no comercio local e comarcal contas con variedade de produtos de calidade para satisfacer os teus gustos e para poder mercar agasallos, contribuíndo así nunha mellor garantía dos postos de traballo no noso territorio.
Neste Nadal, goza da festa e participa. Desde a Alcaldía, sumámonos á petición da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, anímate a consumir produtos galegos etiquetados en galego.
Desde o Concello da Pobra de Trives convidámosvos a participar e gozar das actividades do Nadal Trivés
Felices Festas e Próspero Aninovo!