Torneo de Fútbol Sala Solidario neste Nadal

Compartir

Torneo de Fútbol Sala Solidario neste Nadal

Unha iniciativa na que Trives, Río e Manzaneda unen deporte e solidariedade.

Este Nadal celebrarase no Pavillón Municipal de Deportes da Pobra de Trives un "TORNEO DE FÚTBOL SALA SOLIDARIO" os días 28, 29 e 30 de Decembro. O evento está organizado entre:

- Concello da Pobra de Trives
- Concello de San Xoán de Río
- Concello de Manzaneda
- A.C. Río Mola (San Xoán de Río)
- Sporting de Manzaneda (Manzaneda)
- A Rebusca (Manzaneda),
- C.D. Trives (A Pobra de Trives)
- Club Montaña Trives (A Pobra de Trives)
- Disco-Pub Curvi (A Pobra de Trives)

Dito torneo foi presentado polo Alcalde da Pobra de Trives, Domingo Diéguez, o Alcalde de San Xoan de Río, Luis Castro, o Alcalde de Manzaneda, Felix Domínguez e o presidente da Asociación Cultural Río Mola, José Miguel Pérez, o pasado sábado, día 8 de decembro, na casa consistorial da Pobra de Trives, unha iniciativa para este nadal, na que deporte e solidariedade van da man.

A cota de inscrición por equipo será é 20 quilos de alimentos non perecedoiros.
No torneo haberá 3 categorías:
- Infantil para menores de 13 anos
- Feminina
- Absoluta
Os horarios do torneo acordaranse entre os clubs inscritos.
As finais do torneo serán o Domingo día 30, dentro da II Gran Festa do Fútbol, e a entrada a estes partidos será de 1 quilo de alimentos non perecedoiros.

Os alimentos recadados no torneo serán entregados ás familias con dificultades económicas dos 3 concellos con prioridade para aquelas que teñan nenos.