Campaña "Por un Nadal Feliz para Todos" - 2018

Compartir

Campaña "Por un Nadal Feliz para Todos" - 2018

Por "Un Nadal Feliz para Todos", a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil coa colaboración do Concello Da Pobra De Trives, voltan a sumarse á campaña de recollida de alimentos non perecedoiros (aceite, legumes, pastas, leite,…).
Para todas as persoas interesadas en colaborar coa mesma, informámoslles que os puntos de recollida de alimentos estarán situados en todos os supermercados da Pobra de Trives, podendo deixar neles a vosa doazón, e que dita campaña durará desde o día 1 de decembro do 2018 ata o 5 de xaneiro do 2019.

Gracias pola túa colaboración por un nadal feliz para todos e todas!!!