Despois do éxito do Magosto desta fin de semana, anunciámosvos que esta semana que ven, os días 15, 16 e 17 de novembro, celébrase en Expourense “SPORTUR GALICIA”, o salón do deporte e o turismo activo en todas as súas facetas, e ao igual que o ano pasado, o Concello da Pobra de Trives estaremos presentes nun stand dando a coñecer Trives como destino activo e saudable, e promocionandoo para que todos os afeccionados ao deporte e á natureza coñezan a nosa terra e paraxes.
Este salón é un evento destinado a todo tipo de público, dende deportistas profesionais ata afeccionados, polo que apostamos por ensinar todo o que temos no concello relacionado co deporte activo e natureza vinculado co turismo.
Un ano máis a celebración de Sportur coincide con que o 18 de novembro é a Carreira do San Martiño en Ourense e a cidade estará chea esa fin de semana de milleiros de deportistas que recollerán o seu dorsal durante a xornada do día 17 no recinto de Expourense, sendo esto unha gran fiestra aberta para dar a coñecer o noso paraíso.
Deixámosvos o enlace da páxina de Sportur para que poidades consultar todas as actividades e horarios de cada unha delas:
- SPORTUR - Salón do Deporte e Turismo Activo -