A Escola Municipal de Música abre o seu prazo de matrícula no curso 2018-2019

Compartir

A Escola Municipal de Música abre o seu prazo de matrícula no curso 2018-2019

A Escola Municipal de Música da Pobra de Trives é un centro de ensinanza musical non reglada de titularidad municipal, que dirixe a súa oferta formativa a nenos e nenas a partires dos 6 anos, xoves e adultos de todas as idades , teñan ou non coñecementos previos en materia musical.
A escola ofrece a posibilidade de recibir unha formación práctica, teórica, individual e colectiva. As asignaturas ofertadas son: linguaxe musical, piano e guitarra.
Ábrese o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música tanto para os alumnos actualmente matriculados interesados en continuar os seus estudos como para todos aqueles que queiran iniciarse nesta formación neste curso 2018-2019, e rematará o vindeiro 15 de setembro.
Podes anotarte directamente nas Oficinas do Concello de 9h. a 14h. ou ben no teléfono 988 33 00 00.