O vindeiro venres, 31 de agosto, dende o servizo de turismo rematan as súas visitas guiadas que mantiveron activas cada venres dos meses de xullo e agosto. Nesta ocasión péchase o ciclo con "Paseos por Trives, persoas e personaxes", un recorrido guiado pola Pobra de Trives, onde ademais de coñecer o noso patrimonio se explicarán persoas destacadas da vila. Un paseo con encanto para gozar dun xeito diferente de saber do noso lugar e da nosa xente. A saída será ás 11:30h dende a Oficina de Turismo (Edificio Santa Leonor).
Para anotarse e máis información: Oficina de Turismo (988 33 09 67).