Continúa o programa “Domingos de Praia”, para facilitarlle a todos os veciños, veciñas e a todo aquel que se anime, que podan pasar un día na Praia sen necesidade de mover o seu coche.
O destino proposto desta volta é Sanxenxo e a data é o vindeiro domingo 19 de Agosto.
A saída Trives – Sanxenxo será ás 8 da mañá diante do Concello e o regreso aproximadamente ás 18h dende a praia hacia Trives.
Cada persoa que queira disfrutar desta xornada de Praia pagará 20€ (prezo que soamente inclúe a viaxe ida e volta en autobús).
Para anotarse deben dirixirse á Oficina de Turismo (988 33 09 67) e cubrir a folla de inscrición, e o prazo para apuntarse finaliza o xoves día 16 de agosto.
Poderán viaxar as persoas maiores de idade (se son menores deberán ir baixo a responsabilidade dunha persoa maior que vaia en dita viaxe). Para realizar a viaxe o aforo mínimo serán 20 persoas e o aforo máximo 50 persoas.