Comeza o mes de agosto e as visitas guiadas dos venres organizadas dende o servizo de turismo continúan. Neste mes repetiranse as visitas que houbo nos venres de xullo intentando chegar a todo o mundo e que poidan coñecer estes lugares todos os visitantes de Trives.
Co fin de dar a coñecer as adegas e viños da zona, este venres chega o turno da visita á Adega Chao do Couso, onde ademáis se coñecerán os seus viñedos facendo unha pequena ruta por estes. O mellor xeito de saber, comprender e valorar as señas de identidade dos nosos caldos.
O vindeiro venres, 3 de agosto, dende a Oficina de Turismo, no Edificio Santa Leonor, sairá a visita á adega ás 11:30 da mañá.
Para máis información e para anotarse deben dirixirse á oficina de turismo (988330967)