II Cacería do Zorro organizada polo Divertrives coa colaboración dos Radioaficionados de Trives

Compartir

II Cacería do Zorro organizada polo Divertrives coa colaboración dos Radioaficionados de Trives

O vindeiro mércores, 1 de agosto, ás 10:30h.os nenos e nenas do Divertrives terán a "II Cacería do Zorro". Nela os Radioaficionados de Trives ensinarán aos máis pequenos como funcionan os actuais métodos de comunicación de emerxencia, e farano dun xeito ben divertido: a través dunha xinkana na que os nenos e nenas terán que buscar ao "Zorro" polo pobo, todo esto comunicándose con walkie talkies.