Dende o Concello da Pobra de Trives inícianse as movilizacións pedindo que se manteña o Servizo de Pediatría en Trives

Compartir

Dende o Concello da Pobra de Trives inícianse as movilizacións pedindo que se manteña o Servizo de Pediatría en Trives

Dona Isabel González Fandiño, en representación do Concello da Pobra de Trives, como alcaldesa accidental, presentou hoxe as alegacións, unha queixa formal e reclamación iniciando así as movilizacións en contra da reestruturación temporal realizada pola Consellería de Sanidade no que incumbe á atención pediátrica do Centro de Saúde da Pobra de Trives para que se deixe sen efecto, restablecéndose o servizo como ata o momento viña prestando.

No seguinte enlace deixámosvos o a queixa e reclamación formulada por este concello polo total desacordo coa citada reestruturación temporal realizada.

Moitos foron xa os pais e nais que se foron achegando a cubrir o formulario de reclamación ao Centro de Saúde da Pobra de Trives.
Para descargar o formulario pincha aquí