Retomamos o Clube de Lectura e ...Café!!

Compartir

Retomamos o Clube de Lectura e ...Café!!

Dende a Biblioteca Pública Municipal organízanse, un verán máis, e despois da boa acolllida do ano pasado, unhas xornadas de lectura para as mañás dos mércores do mes de xullo e agosto. Reuniránse compartindo unha amena e agradable xornada matutina polas diferentes terrazas da vila, mentres disfrutan da lectura. 
O 4 de xullo será o día no que o Clube de Lectura arranque de novo este verán 2018.
Para anotarse e para máis información diríxete á Biblioteca Pública Municipal (988 33 09 67)