O venres 13 de xullo no Auditorio Julio Vázquez a Concellería de Cultura, a través da Rede de Auditorios Provincial de Ourense (reaOU), trae a Serxio Pazos co seu monólogo “Afiando con humor”
Quen sabe máis do mundo que aqueles que viaxan por el? Ourense é coñecida como “a terra da chispa” por ser terra de afiadores. Serxio Pazos convértese nun afiador 2.0 e analiza a realidade e a actualidade cercana de Ourense, de Galicia e de España a través da súa mirada irónica e retranqueira.
Porque os galegos somos distintos ata para os monólogos, este afiador monologuista intentará facer sacar “chispas” de humor falando do que pasa neste país, das personaxes populares e televisivas e da actuación máis divertida. Iso sí, con humor galego, pois os galegos temos un humor moi especial.
O artista recorre ao formato do monólogo para recuperar a figura do afiador, un dos oficios tradicionais de Ourense, e o "mellor contador de historias".
Esta actividade está dentro da programación de verán, onde o que se pretende dende a concellería de cultura é fomentar as artes escénicas, música, ... e achegar aos veciños e veciñas a posibilidade de disfrutar dunha oferta cultural variada, de calidade, accesible e para todos os públicos.
A cita para non deixar de rir con Serxio Pazos e o seu monólogo é o vindeiro día 13 de xullo, venres, ás 20:30h. no Auditorio Julio Vázquez. As entradas estarán á venta no Auditorio unha hora antes de que dea comenzo a función. Teñen un prezo de 3€.