Chegou o verán, apareceu o sol e temos listas as piscinas municipais para a súa apertura. Mañá martes, 26 de xuño, abren as súas portas para a tempada 2018, no seguinte horario: de luns a domingo, de 12 da mañá a 8 da tarde.
Para a retirada dos abonos xa podedes presentarvos nas Oficinas Municipais. Será preciso levar unha fotocopia do D.N.I. de cada membro que o solicite.
Para a entrada ao recinto da piscina deberán identificarse co DNI ao exhibir o abono.