Ciclo de Cine de Nadal

Compartir

Ciclo de Cine de Nadal

Dende o Concello da Pobra de Trives achegámosvos a información sobre a programación do CINE DE NADAL no Auditorio Julio Vázquez:

Venres, 22 de decembro:
“VAIANA”
Duración 113 min. / Xénero: Animación, aventuras, musical
Sinopse: A historia desenvólvese hai dous milenios nunhas illas do sur do Pacífico. A protagonista é Vaiana Waialiki, unha moza que desexa explorar o mundo navegando polo océano. Ela é a única filla dun importante capitán que pertence a unha familia con varias xeracións de mariños.
Hora: 18.00 h
Prezo: entrada libre ata completar aforo
Lugar: Auditorio Julio Vázquez

Venres, 22 de decembro:
“EL AMOR LO ES TODO, TODO”
Duración: 96 min. / Xénero: Romance, drama
Sinopse: Madeline, unha adolescente que vive completamente illada do mundo exterior porque é alérxica a todo, namórase de Olly, o seu veciño da porta de ao lado.
Hora: 22.00 h
Prezo: entrada libre ata completar aforo
Lugar: Auditorio Julio Vázquez

Venres, 29 de Decembro:
"BALLERINA"
Duración: 89 min. / Xénero: Animación, drama
Sinopse: Felicia é unha nena que, tras perder aos seus pais, vive nun orfanato na súa Bretaña natal. A súa paixón é a danza e soña con converterse nunha bailarina profesional. Para conseguilo escápase coa axuda do seu amigo Víctor e viaxa ata o París de 1879. Alí farase pasar por outra persoa para conseguir entrar como alumna da Grand Opera House e así loitar por ter a vida que desexa.
Hora: 18.00 h
Prezo: entrada libre ata completar aforo
Lugar: Auditorio Julio Vázquez

Venres, 29 de Decembro:
"MAUDIE, EL COLOR DE LA VIDA"
Duración: 115 min. / Xénero: Drama, baseado en feitos reais
Sinopse: Maud Dowley é unha muller alegre de Nova Escocia que soña con independizarse da súa protectora familia. Everett Lewis é un huraño pescador local que busca asistenta. Tras ver o seu anuncio, Maudie non tarda en mudarse a casa de Everett para encargarse das tarefas do fogar. Pero o que comeza sendo unha difícil convivencia entre dous polos opostos aos poucos irá transformándose nunha historia de amor... Baseada en feitos reais, a película conta a historia da pintora canadense Maud Lewis, da súa relación co que se converteu no seu inseparable compañeiro de vida, Everett Lewis, e de como as súas sinxelas pinturas chegaron a ser vistas e recoñecidas por todos os recunchos do país converténdoa nunha das artistas folk máis representativas de Canadá.
Hora: 22.00 h
Prezo: entrada libre ata completar aforo
Lugar: Auditorio Julio Vázquez