O Auditorio Julio Vázquez acolle o vindeiro mércores, día 20 de decembro, o Festival de Nadal 2017 que organiza a Escola Municipal de Música, como ven sendo habitual cada ano por estas datas, dando a coñecer o traballo desenvolvido polos alumnos durante estes meses de comenzo de curso.
O concerto terá comenzo ás 19:30h e no mesmo poderemos escoitar aos alumnos de guitarra, de piano e tamén á rondalla da escola, acompañados do profesorado.
Convidámosvos a todos a asistir o mércores 20 ao Auditorio e disfrutar coa Escola de Música.