Por "Un Nadal Feliz para Todos", a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil coa colaboración do Concello Da Pobra De Trives, un ano máis levaran a cabo una campaña de recollida de alimentos non perecedoiros (aceite, legumes, pastas, leite,…).
Para todas as persoas interesadas en colaborar coa mesma, informámoslles que o punto de recollida de alimentos será na Oficina de Turismo de A Pobra de Trives (horario: de luns a venres de 10h a 13:30h e de 16h a 18:30h; sábados de 10:30h a 14h e de 16h a 18:30h e domingos de 10:30h a 14h).
Dita campaña durará dende o día 1 de decembro ata o 4 de xaneiro.
Gracias pola túa colaboración por un nadal feliz para todos e todas!!!