Este xoves temos pleno ordinario e a sesión poderá ser seguida en directo a través de Facebook. Será esta a primeira vez na que se utilice a rede social para retransmitir a sesión plenaria, nunha iniciativa que o goberno municipal pretende manter no tempo. Sen esquecer que as sesións son abertas á cidadanía, pero sendo conscientes de que non sempre a veciñanza pode achegarse, ben pola hora ou porque se esquece ou porque non pode desprazarse ata o consistorio.
Desta maneira, ábrese un abano grande de posibilidades, posto que as persoas interesadas non só poderán seguir a sesión en directo, senón que despois quedará colgada no Facebook do Concello (https://www.facebook.com/concellodapobradetrives/).