25 de Novembro - Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Compartir

25 de Novembro - Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e dende o Concello da Pobra de Trives recalcamos a importancia deste día lembrando que a Violencia de Xénero sigue sendo unha das maiores lacras desta sociedade.

Queremos recordar que é preciso tomar conciencia de toda esta situación que nos rodea, e por iso, sen querer adiantar o acto e dándolle a importancia que este ten, manifestándonos no propio día, hoxe, 25 de novembro. Este é o día que o Concello da Pobra de Trives será escenario de diversos actos cos que denunciamos esta eiva social.
Esta mañá comezaba o acto cunha pequena ruta polas rúas de Trives, parando a coñecer as partes máis importantes da vila, para finalizar na Praza do Pilón onde dous mozos de I.E.S. Xermán Ancochea Quevedo leron o manifesto no que expresando o compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres e tamén dar conta de que algo que compromete a todas e a todos.

Un photocall con diversas frases contra a violencia de xénero era outra das actividades que dende o Concello se fixo co fin de sensibilizar a todas e todos os asistentes, que foron escollendo diferentes lemas, todos eles dentro da campaña “Trives en Negro”.
Para poñerlle peche a este acto tan importante como é o Día da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, a música foi a elexida, con pezas de violín da man dunha rapaza do I.E.S Xermán Ancochea Quevedo e de violonchelo, da man dunha alumna do C.E.I.P. Manuel Bermúdez Couso.