Achegámosvos a programación de outono da que podedes desfrutar nestes meses na Pobra de Trives.
O outono presentase con actividades para pequenos e non tan pequenos. Divertidos concursos para todo tipo de públicos, obradoiros para nenos, paseos na natureza, Excusións, entre outras, compoñen este programa cultural e de ocio, sendo o Magosto a que máis debemos destacar xa que é a festa máis celebrada en todas a vilas no outono.
Tamén distintas asociacións da vila propoñen atractivas actividades neste outono, como son as Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives, ou o Obradoiro de Gaita Tradicional da Banda de Gaitas Os Trintas.