O día 25 de Outubro dende a Biblioteca Pública Municipal da Pobra de Trives festéxase o Día da Biblioteca cunha “Tarde Familiar De Paseo E Lectura”. Unha fermosa actividade para todos os públicos na que poden desfrutar da experiencia da lectura en familia e ao aire libre, en contacto coa natureza. A saída é ás 16:30 da Oficina de Turismo.
Este ano na Biblioteca Municipal do Concello adícaselle o Día da Biblioteca (24 de outubro) a Gloria Fuertes, polo centenario do seu nacemento.
"…É importante que os nenos lean poesía.
E é máis que importante, é necesario…" (Gloria Fuertes)