I Concurso de Vídeo-Minuto co Móbil - #PracticaTrivesen60segundos

Compartir

I Concurso de Vídeo-Minuto co Móbil - #PracticaTrivesen60segundos

O Concello da Pobra de Trives propón unha nova actividade participativa, o “I Concurso de Vídeo-minuto feito co móbil” coa temática das paisaxes urbanas, humanas, culturais e naturais.
A idea é que tome importancia a identidade cultural da Pobra de Trives a través das súas paisaxes e tamén atraer ao público local cara o noso entorno e o noso patrimonio tanto cultural como natural.
Un concurso dun mini vídeo feito co móbil sobre a paisaxe do Concello cunha duración máxima de 60 segundos. Poden participar todas as persoas maiores de 14 anos.
O número de “vídeo-minutos” que se poden presentar por persoa é ilimitado. Os arquivos das películas enviaranse á dirección: comunicacion@concellodapobradetrives.gal
Conforme cheguen os traballos colgarémolos no Facebook, Twitter e Instagram do Concello da Pobra de Trives para que o público poida votar ao vídeo que máis lle guste. Gañará o traballo máis votado sumando os votos entre as tres redes sociais. O vídeo gañador anunciarase nas tres Redes Sociais e na Páxina Web do Concello e levará un premio de 100€ tamén dende a organización nos poñeremos en contacto coa persoa gañadora para facerlle entrega do seu premio.
Todos os vídeos se colgarán co hashtag “#PracticaTrivesen60segundos” co fin de poder unificar e organizar os vídeos nesa temática e facilitar que todo o mundo poida ver fácilmente os vídeos publicados con ese hashtag
Haberá un prazo de ata o sábado 5 de Novembro para a recepción dos vídeos.

Anímate a participar; a continuación podes ler as bases completas do concurso.