Hoxe, 29 de setembro, chegaron os resultados da última analítica realizada no Concello de A Pobra de Trives ao depósito de cabeceira Carballal no que se reflexa que o consumo de auga para uso humano é APTO, verificando a normalidade nos parámetros das analíticas e garantindo o bo estado da auga.
Tras tomar todas as medidas correctoras pertinentes dende o Concello de A Pobra de Trives, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade procede ao peche da situación de alerta.