A Xunta de Galicia vén de publicar o borrador da Lei de Saúde de Galicia. Considerando que o texto é contrario ao interese da veciñanza, o alcalde convídanos a formular suxestións ao borrador da Lei de Saúde de Galicia. O prazo está aberto ata o día 1 de setembro. Poden presentarse dun modo sinxelo no portal de transparencia da Xunta de Galicia, accedendo premendo no seguinte enlace: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0260/anteproxecto-lei-polo-que-modifica-lei-82008-10-xullo-saude-Galicia Dende o Concello poñémonos a disposición de todas as persoas que teñan dificultades para poder formular as “suxestións” (debido a problemas de acceso ou de manexo de Internet) para que nos remitan os seus datos persoais e o texto que queiran transmitir á Xunta ao correo do concello: comunicacion@concellodapobradetrives.gal ; e nós farémolas chegar. Se alguén o prefire, tamén pode ir en persoa ata o concello e alí tramitaremos as suxestións.