O vindeiro venres, 4 de agosto, poderemos disfrutar do II Sendeiro Nocturno Teatralizado do verán 2017, organizado dende o Concello de A Pobra de Trives.
Ás 21h. comenza este roteiro, un fermoso camiño de estrelas, bosques onde a animación fará que sexa unha ruta diferente.
É un percorrido circular, un agradable paseo duns 6 km aproximadamente, que partirá dende a Oficina de Turismo (en Santa Leonor) en dirección á Ponte Cabalar, rematando novamente en Santa Leonor.
Dende a organización recoméndase levar roupa e calzado cómodo e por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal.
Para máis información e inscrición na actividade (prazas limitadas):
Oficina de Turismo: 988 33 09 67