Un completo programa de actividades de máis de unha semana para o festexo da Bica en A Pobra de Trives
O 29 de xullo na Praza do Reloxo, en pleno casco urbano terá lugar a comida da Festa da Bica. Celebración para resaltar e promocionar o noso doce tradicional que é a Bica, tal e como se merece.
Como sempre, será ese un dos puntos fortes da programación cultural do Concello de A Pobra de Trives para este verán. Dende un sendeiro nocturno ata unha visita para coñecer o proceso de elaboración deste doce e varios concursos serán actividades que dende o Concello se organizan co fin de promocionar e dar a coñecer a Bica de diferentes xeitos.
Xantar
O propio día 29, a festa xa comenzadende as 11 da mañá aproximadamente co mercado de artesanía da A.C. Tarabelada e máis artesáns e productores da Comarca.
Amenizando o pasarrúas e o xantar contaremos coa Charanga Nova Terras de Trives e a Banda de Gaitas Os Trintas de Trives.
Xa na comida que se servirá a partires das 14h., o menú será con polbo á feira, carne ao caldeiro, viño e de sobremesa a gran homenaxeada BICA e licor café.
As entradas para asistir a esta cita gastronómica teñen un prezo de 15€ e xa están a venta en diferentes puntos da vila: na Oficina de Turismo, Cafetería San Martín, Cafetería Quintela, Cafetería Sky e Cafetería Troula
Xa como peche da xornada, ás 22h. chega o turno de bailar e a actuación musical será a cargo dunha Discoteca móvil que nos amenizará ata ben entrada a madrugada.
Máis actividades
O venres 21 terá lugar “BicAndaina”, un Sendeiro Nocturno teatralizado, no que a Bica terá o seu papel protagonista. Dando así comenzo as actividades da programación do 2017 para a Festa da Bica. Un sendeiro que ten plazas limitadas e no que se debe anotar na Oficina de Turismo.
Por outro lado, o xoves 27 o servizo de turismo organiza “E de postre…BICA”; unha visita guiada para coñecer o proceso de elaboración do noso doce típico
Concursos
Outra novidade deste ano son unha sección de divertidos concursos animando a participar a todo tipo de público poñendo a proba a súa orixinalidade, técnica, talento ou calidade artística.
Dende o Concello de A Pobra de Trives lánzase este concurso co fin de dar a coñecer máis e dun xeito orixinal a Bica, facéndoa protagonista absoluta da festa ao longo de todo o mes.
- I Concurso de Selfie Festa da Bica
- I Concurso de Camisetas Festa da Bica