O Concello de A Pobra de Trives convoca o I Concurso Camisetas “Festa da Bica”. Un concurso aberto a todos os públicos que queiran probar a súa orixinalidade, técnica, talento ou calidade artística nun divertido diseño de camiseta, que teña por tema a BICA.
Dende o Concello de A Pobra de Trives lánzase este concurso co fin de dar a coñecer máis e dun xeito orixinal a Bica, facéndoa protagonista absoluta da festa ao longo de todo o mes.
Participan todas aquelas persoas que no xantar da Festa da Bica vaian en grupo de polo menos cinco persoas co mesmo diseño de camiseta, na que debe estar un debuxo ou frase relacionada coa Bica. Soamente as camisetas que cumplan coa temática do concurso poderán participar no concurso. Poderanse rexeitas calqueira diseño que non se axeite ao que está indicado nestas bases.
Anotarse ao chegar ao xantar dando nome do grupo e do diseño, e os datos do representante de dito grupo.Os propios grupos anotados no concurso serán o xurado, avaliando o diseño dos outros concursantes. Non poderán votarse a sí mesmos.
O premio serán 100 € a gastar en establecementos ou comercios de A Pobra de Trives + 1 BICA.