O Concello de A Pobra de Trives convoca o I Concurso Selfie “Festa da Bica”. Un concurso aberto a todos os públicos que queiran probar a súa orixinalidade, técnica, talento ou calidade artística nun selfie.
Dende o Concello de A Pobra de Trives lánzase este concurso co fin de dar a coñecer máis e dun xeito orixinal a Bica, facéndoa protagonista absoluta da festa ao longo de todo o mes.
Participan todas aquelas fotos creativas de xente cun anaco de bica recibidas no muro do Facebook de Concello de A Pobra de Trives. Soamente as fotografías que cumplan coa temática do concurso poderán participar no concurso. Poderanse rexeitas calqueira fotografía que non se axeite ao que está indicado nestas bases.
O plazo é dende o 14 de xullo ata o 27 de xullo e poderá concursarse con varias fotografías
A fotografía gañadora será a que obteña un maior número de “gústame”
O premio serán 2 entradas para o xantar da Festa da Bica + 1 BICA e a foto selfie gañadora publicarase na páxina de Facebook de Concello de A Pobra de Trives o xoves 28 de xullo.