Arranca o Verán 2017 e o seu amplo Programa Cultural e Deportivo para A Pobra de Trives.
Unha programación organizada entre o Concello de A Pobra de Trives e varias asociación da vila, que levan a cabo diversas actividades ao longo do verán; reunindo así unha serie de alternativas lúdico-deportivas e culturais que comenzan o día 30 de xuño e se extenderán ata finais de Setembro.
DiverTrives, Cine, Rutas nocturnas teatralizadas, Sendeirismo, Deporte, Lectura, Turismo, Fotografía, Concertos, Festa da Bica, Día da Bici, Festas Patronais,….e moitas actividades máis nos agardan este verán en Trives. Trátase dunha serie de actividades para todos os públicos pensadas para o disfrute dos veciños e veciñas da vila e de todos os visitantes.