Unha vez máis, as traballadoras da Biblioteca Municipal organizaron un contacontos para festexar o Día Internacional do Libro. Desta volta a cita foi o martes ás 17:30h. No edificio de Santa Leonor.
O Museo da Infancia e da Escola era o escenario onde se levou a escea “Aventuras dunha pinga de auga”. Un conto para sentir, dirixido a nenos de cero a oito anos e nos que a gratitude foi un dos principais valores que traballaron, vendo como a pinga de auga pensaba que non servía para moito, pero todos aqueles cos que se ía atopando na súa vida lle daba as gracias por axudar. Máis de 50 persoas entre grandes e cativos acompañaron á pinga de auga nas súas aventuras e os máis pequenos ata participaron facendo o son dun gran río.
O conto remata coa pinga de auga voltando a durmir e intentando que o sentimento da gratitude quedara ben marcado nos presentes. O agradecemento é o camiño para desenvolver a xenerosidade.