Contacontos "A avoa do Ceo"

Compartir

Contacontos "A avoa do Ceo"

O venres, 31 de marzo, ás 6 da tarde, conmemorábase na Biblioteca Municipal o “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil”, que se celebra cada 2 de abril.
As traballadoras do centro organizaron o contacontos “A avoa do Ceo” e foi levada a escea para arredor duns 35 nenos e nenas con idades comprendidas entre cero e oito anos; moitos deles estaban acompañados de pais e avós, facendo así que máis de cincuenta persoas disfrutaran dunha amena tarde.
Para finalizar esta fermosa xornada, os cativos e cativas fixeron unha manualidade, para cada un deles, relacionada co conto que se acababa de representar.