5 de Marzo, Día Mundial da Eficiencia Enerxética

Compartir

5 de Marzo, Día Mundial da Eficiencia Enerxética

O Día Mundial da Eficiencia Enerxética, celébrase todos os anos o día 5 de marzo. É unha data propicia para reflexionar sobre o uso racional que lle damos a enerxía, e actuar en consecuencia. É un día no que se recorda a importancia que ten contaminar menos e aforrar máis.
O concepto “eficiencia enerxética” refírese basicamente a facer un bo uso da enerxía para intentar frear o cambio climático. A elo contribúe o desenrolo de enerxías renovables e a utilización de transportes menos agresivos co medio ambiente.
A eficiencia enerxética non implica renunciar a calidade de vida, o que supón é a obtención dos mesmos bens e servizos enerxéticos empregando para elo menos recursos. Isto conséguese coa mellora de procesos, a conxeneración, a reciclaxe, o uso de produtos menos contaminantes e o consumo intelixente (empregar so aquela enerxía que efectivamente vamos a empregar) 
Consellos eficientes
Existen unha grande cantidade de medidas de aforro enerxético sinxelas que cada persoa pode realizar de unha forma fácil:
    Cociñar co lume axeitado.
    Non malgastar a calor do forno.
    Empregar os medios de transporte.
    Empregar lámpadas eficientes.
    Conducir coas ventanas pechadas.
    Apagar as luces cando non se usan.
    Realizar lavadoras coa carga completa.
    Non realizar lavados con altas temperaturas.
    Adquirir electrodomésticos de baixo consumo.
    Comprar produtos con eficiencia A, A+ o A++.
    Manter o frigorífico a 6ºC e o conxelador a -18ºC.
    Apagar o motor do coche en paradas de máis de un minuto.
    Desenchufar os aparatos electrónicos cando se deixan de utilizar.