Na tarde do martes 21 de febreiro tivo lugar na Sala de Reunións do Concello de A Pobra de Trives a Charla dirixida polo Grupo de Desenvolvemento Rural Sil Bibei Navea, acerca das axudas do Programa Leader Galicia 2014-2020.
Que tipo de proxectos son subvencionables ou quenes poden ser os beneficiarios de ditas axudas foron algúns dos puntos a explicar, así como as limitacións sectoriais que nos atopamos na estratexia de desenvolvemento.
Falouse tamén do acordo de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e Agader no sector turístico.
Ademáis de numerar cales son os gastos subvencionables ou ver a compatibilidade e acumulación de axudas, tamén se explicou o proceso de tramitación das axudas, prioridades das mesmas e a presentación da documentación necesaria dentro dos plazos requeridos.
Dende o GDR ofrecen información e axuda para aqueles que queiran presentar algún proxecto amparándose a estas axudas.
Aquí deixamos a dirección para aqueles que lles sexa de interese:
Asociación Sil-Bibei-Navea
Praza do Reloxo , 11
32780 A Pobra de Trives - Ourense.
Teléfono / Fax: 988 34 61 69
Móbil: 608 64 37 90
E-mail: informacion@gdrsilbibeinavea.com