Dentro das actividades de entroido, dende o Concello de A Pobra de Trives queremos que os máis pequenos disfruten estes días todo o que se poda e sexan uns protagonistas moi especiais.
O venres 24 de Febreiro, pola tarde os nenos serán os reis do folión. O entroido vívese dende pequenos e eles mesmos farán soar os toques dos diferentes folións da zona polas rúas do pobo.
Un desfile dun Folión de Nenos que sairá arredor das 5 da tarde de Santa Leonor e despois de tocar por todo o pobo, rematarán na Praza do Pilón con festa para todos eles.