Trives presente en "Xantar"

Compartir

Trives presente en "Xantar"

Trives non podía faltar á cita con Xantar, e menos este ano, no que se chega a maioría de idade do Salón Internacional do Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. O Concello de Pobra de Trives acude cun stand do 1 ao 5 de febreiro para promocionar a BICA e o resto de produtos turísticos do municipio, tales como viño, embutidos e mel; nunha das mellores plataformas que existen agora mesmo en Galicia.

O Concello considera especialmente importante a participación en foros deste tipo, xa que a gastronomía é a segunda motivación dos turistas para visitar Galicia.

Pobra de Trives formará parte dos 232 expositores que acoden este ano ás instalacións de Expourense, que dan a benvida a representantes de 11 países. É, de feito, a edición máis internacional de Xantar, e Trives terá o seu espazo para dar a coñecer ao mundo a calidade do nosos produtos.