O día 20 de Novembro é o Día Universal do Neno; un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.
Dende a Biblioteca Municipal de A Pobra de Trives queremos celebrar todos os avances conseguidos para os cativos e tamén resaltar a importancia de traballar cos nenos e nenas día a día.
O venres, 18 de novembro, ás 17h. no Museo da Escola e da Infancia, as traballadoras da Biblioteca organizarán un contacontos para os rapaces con idades comprendidas entre os 0 e os 8 anos.
A intención e dar a coñecer os valores e os dereitos dos nenos da maneira máis divertida posible a través dun conto.