Lembrámosvos que nesta fin de semana, o domingo 16 de Outubro, temos a V Andaina e II Cross, no Concello de A Pobra de Trives.
Unha mañá na que tanto deportistas como afeccionados poderán descubrir máxicos recunchos do noso Concello nunha das estacións máis fermosas para a práctica do sendeirismo. Disfrutar das paisaxes outonais e vistas panorámicas conxugadas coa práctica de hábitos saudables.
A andaina e o cross son de 14 quilómetros aproximadamente (primeiramente estaban calculados uns 17 km, pero por motivos da alleos á organización, houbo que facer alguna pequena variación). Comenza ás 9 da mañá na Finca da Barreira cara Escuadrio, A Encomenda, sigue hacia Manzaneda, logo toma dirección a Sobrado ata a Cabalar, rematando novamente en Trives. Ten una dificultade media-alta. A Proba de Cross conta con premios para os tres primeiros tanto na categoría feminina como masculina.
As inscricións fanse na Oficina de Turismo de A Pobra de Trives (Edificio Santa Leonor, Paseo San Roque, nº15, ou no teléfono 988330967). O prazo para anotarse remata o 12 de outubro.
O roteiro ten un prezo de 10€ e inclúe a camiseta, 4 avituallamentos e a comida. Tamén haberá sorteo de regalos.
Para máis información poden dirixirse á Oficina de Turismo de A Pobra de Trives (988 33 09 67)